
Hai máis de un ano, como pasa o tempo, tivemos a sorte de participar na elaboración dun proxeto de acción comunitaria para espazos de troco con Mamen Bazarra, “A rapariga do arco da vella“, proxeto no que se plantexaba ocupar espazos baleiros nos centros cívicos da cidade da Coruña co obxeto de convertílos en espazos de troco ónde, a veciñanza, puidera aportar e recibir todo aquilo que lle sobra ou precisa, nun exercizo de altruismo e aprendizaxe que amose a forza da unión pra poder solventar os problemas materiáis sen cartos. Dito proxeto, foi presentado, no seu día, ao concello, e tiveron a ben valorálo, aínda que aún estamos agardando novas pra iniciálo. Namentres o deixamos eiquí por si querédes botarlle unha ollada.
