
“Dende a chegada do mundo 2.0 rematóu o concepto de privacidade”. Así é amiguiños, se cadra un trata de borra o historial de navegación despois dunha visita extraoficial a un virtual de imaxes, videos e fantasías feitas a nosa imaxe e semexanza . Se cadra, tamén tratas de borrar certos mensaxes de Whatshapp que escribiches nun arrebato ou eliminar un comentario do Facebook escrito ao remate dunha noite de foliada. Pois ben, aínda así, toda a información que fagas circular, toda, queda rexistrada.
Máis aínda podemos tratar de impedir que se apropien da maior información posible de nós.
En primeiro lugar terás que desactivar a geolocalización do teu móbil e só activarla canda a precises. Daráste conta, das poucas veces que a precisas. Outra forma de protexerse en apagála Wifi ou os datos móbiles canda somentes estes a facer fotos ou videos ou simplemente estes a dar un paseo, xa que, se a tes activada, o más probable e que a foto ou video e máis a geolocalización queden rexistradas na nube, pero nunha nube particular que non é a túa, e polo tanto terceiras persoas saberá dos teus pasos diarios.
Outro xeito de salvagardar os teus datos é utilizar contrasináis fortes para as túas contas contas de correo, páxinas privadas, etc., e dicir, que sexan longos e que incorporen maiúsculas, minúsculas, números e signos, deste xeito se o pondrás máis difícil aos posibles hackers. Para mostra un exemplo de contrasinal forte : ¿_1Erty78))90=!!.
Outra teima que facemos habitualmente cando nos rexitramos en calquera páxina, sexa para comprar ou acceder a contidos, é repetir as mesmas contrasinais, esto supón un erro gravísimo, xa que, moita xente, pon de nome de usuario o seu correo e de contrasinal a mesma dese mesmo correo. O millor, nestes casos, e ter outro contrasinal forte pero diferente do que temos para os nosos correos ou páxinas privadas, como poidan ser a do noso banco, e utilizar, iste contrasinal, para todas as páxinas eventuáis de compras ou descarga de contidos.
Na nosa casa tamén podemos protexernos, en primeiro lugar teríamos que trocar o contrasinal e mailo nome do noso router, poñendo unha vez máis, un contrasinal forte e, sobre todo, non esquecer de trocar os nosos contrasinais periódicamente, cada dous meses máis ou menos, para tratar de poñerllo máis difícil ao posibles piratas.
Tamén, para evitar posibles estafas, temos que asegurarnos, antes de introducir os nosos datos nunha páxina, que esta sexa segura e, para ilo, teremos que ver que atópase nun servidor seguro, isto podemos ollálo na barra de direccións, onde, a mesma, ten que comenzar cun https://, e é o s, despois do http, o a que nos está a indícar que a páxina é segura. Un exemplo de dirección segura sería htpps//:www.paypal.com
E tamén, outro bo consello á hora de facer pagos por internet é, trata de ter unha conta nun xestor de pagos como poida ser Paypal, xa que isto evita ter que introducir os nosos datos bancarios cada vez que queramos formalizar unha compra ou calquer tipo de pago online.
En canto aos mensaxes que recibas de fontes descoñecidas nunca abras ningún tipo de enlace asociado, a no ser que estes totalmente seguro que é de confianza. Os hacker son capaces de decirche que ¡tocóuche algo! e que enlaces para ver en que consiste o teu agasallo, isto é, o timo da estampita 2.0, porque detrás dise enlace hai un programa que vailles permitir acceder aos teus dispositivos.
Por último, o consello de perogrullo, ter un bó antivirus e firewall (cortafuegos), que vai garantir bastante seguridade aos tes trebellos informáticos, sen ter que ter moitos coñecementos de informática e cuxo custe anual non é nada se o comparas cos danos que poderías sufrir. Hai moitos gratuítos que funcionan bastante ben, pero se cadra, e millor collélo de pago e así ter a máxima seguridade posible.
Para rematar dicir que a seguridade 100% non existe, pero si segues istes consellos che aproximarás moito e manterás alonxados aos posibles piratas informáticos. ¡Sorte!