
Coma sempre, en bulideirodedicións estamos dispostos a colaborar nas causas xustas, é iste foi un proxecto fermoso no que colaboramos o artista coruñés “Branda“, hoxe afincado en Barcelona e máis nós. Foi a creación dun proxecto de escultura para homenaxear aos “Fuxidos do Portiño”, un nutrido grupo de simpatizantes da República Española que trataron de fuxir, no 1937, do terror feixista. Fuxida que rematou mal.
O 3 do Marzal do 1937 detiveron, perto do Portiño, na Coruña, a uhna trentena de mozos que fuxían do feixismo. Aos que mancaron no tiroteo no intre da detención, aos que pereceron afogados na fuxida, aos que deron fuxido e mais aquéles que tras sofrir xuizos sumarisimos padeceron cadéa ou foron executados vítimas da intolerancia e a represión, a todos eles, vaia ista pretendida homenaxe.
A cita anterior, forma parte da memoria do proxecto dunha escultura que representa á Liberdade alzando a un “boi”, típico barco pesqueiro de época ao que pretendían embarcarse pra fuxir da Coruña.
Organizado un concurso de ideas para un monumento conmemorativo pola Ascociación pola Memoria Histórica da Coruña fumos quen de chegar ao final do mesmo pra quedar en segunda posición tras repetidas votación nas que perdemos pola marxe de un só voto.
E velaí vos deixamos a memoria completa por si querédes botarlle unha ollada.

֍DERRADEIROS COMENTARIOS